Último de Educación Física


REMATAMOS!
Bo díaaa!!! Pouco a pouco as semanas de confinamento foron pasando, logo chegaron as fases 0, 1,2 ,3… ata finalmente este luns entrar na “NOVA NORMALIDADE”, e tamén na que será a derradeira semana deste curso, que seguro vai a ser inesquecible para todos e todas. Ao logo destes maís de tres meses as aprendizaxes  foron moitas e moi diferentes tanto para vós como para min.
A actividade física axudounos a despexar a nosa mente e tamén a manter activo o noso corpo formando parte das nosas rutinas, a través de retos, coreografías, xogos de mesa, iniciación deportiva, etc. O voso traballo foi moi bo durante todo o curso e por iso quero darvos a noraboa e animarvos a que a actividade física ocupe sempre unha parte importante do voso tempo lecer.
Para rematar o curso gustaríame propoñervos unha última actividade que será moi sinxela, só teredes que enviarme fotos ou vídeos realizando a vosa actividade física favorita, esta é a miña:




Estarei encantado de ver cal ou cales son as vosas!!!
Por último non esquezades deixar sempre  un oco nas vosas axendas para a actividade física, seguro que vos fai vivir máis e mellor!!! Unha aperta.
David

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa