Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Festa Entroido

Feliz Entroido!!! Aquí podedes ver todas as fotos e o vídeo da actuación: https://www.dropbox.com/sh/uk5097urbypjbzs/AAC-ZhxlP4xjNqcHaHzPYXCxa?dl=0

Visítanos un Cigarrón!

Imagen
Hoxe tivemos a inmensa sorte de que veu ao cole unha figura do Entroido galego: o cigarrón, a explicarnos a súa tradición. Contounos en que consiste o Entroido de Verín, cal é a orixe da súa figura, as diferentes partes do traxe... e puidemos velo en acción, vaia sorte! Ademáis, deixounos información sobre o Entroido de Ourense que levan hoxe os nenos e nenas para casa, animádevos a ir estes días de vacacións a coñecer o noso Entroido, e que os nenos e nenas vos conten todo o que aprendimos estes días. Mil grazas a Jose e Aida por vir!

Arrincamos co Entroido

Imagen
Arrincamos a semana de Entroido cos mandadiños do meco e investigando sobre as nosas tradicións en torno a esta data

Prantamos árbores no colexio

Imagen
Grazas coma sempre ao ANPA pola súa dispoñibilidade

Tour de Francia

Imagen
O outro día tivemos unha tarefa importantísima: fomos os axudantes no Tour de Francia organizado no colexio. Os compañeiros e compañeiras de infantil fixeron varias etapas e nós encargámonos de que sellaran, de que ninguén se fixera dano, de que foran por onde tiñan que ir, de entregarlles as medallas... Pasámolo xenial. Moitas grazas Profe Uxía por confiar en nós. Ata veu a tele a vernos! Podedes velo nesta ligazón a partir do minuto 21. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-4295048?t=1310