Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Día de Rosalía De Castro

Imagen
Celebramos o día da gran Rosalía de Castro lendo ao resto do colexio unha pequena biografía sobre a autora e algún dos seus poemas.

San Valentín

Imagen
Por San Valentín botámonos piropos. Que importante é dicirnos cousas positivas! 

Mujeres científicas

Imagen
Aquí os dejamos nuestro mural y nuestro video sobre las mujeres científicas a las que investigamos https://youtu.be/9YSqYr3f9aU  

Entroido

Ola, familias! Recibiredes información sobre como celebraremos o Entroido no colexio a nivel xeral, pero cóntovos do desfrace de aula, que igual xa vos estades preguntando: imos ir de futbolistas inspirándonos en Marta Vieira da Silva, que escollimos do noso libro de lectura deste trimestre "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2".  É moi fácil e entre nós estamos arranxando bastante ben: só temos que vir coa equipación de calquera equipo e con ganas de pasalo ben! A maioría xa teñen roupa ou arranxaron entre eles para prestarse, e eu tamén teño para prestar. Poñeremos entre nós un día no que traer todo para asegurarnos de que todo o mundo ten desfrace.  Temos todo controlado, xa amañamos nós :)

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Imagen
O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. No CEIP Culleredo, celebrámolo investigando e recadando información sobre mulleres científicas e os seus increíbles inventos a través da historia e facendo nós os nosos propios experimentos. 

Día da Paz

Imagen
Preparámonos durante varios días para o Día da Paz. Investigamos de onde ven, por que se celebra, mantivemos conversas e debates acerca da importancia de resolver os conflitos pacificamente, escribimos actos relacionados coa paz e coa bondade, fixemos unha cadea, decoramos o colexio...  E o mesmo Día da Paz, cantamos unha canción con todo o cole e limos diferentes textos. Tamén cantamos a de Imagine, que podedes ver no blog de inglés.