Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Últimos días

Imagen
Estes últimos días de clase aproveitamos para seguir aprendendo pero dunha maneira un pouco máis lúdica e dinámica do normal, xa estabamos demasiado cansos! Fixemos traballos de investigación sobre o cambio climático, vimos unha peli e Estefanía contounos sobre o seu país, Venezuela. Tamén fixemos varios xogos para repasar aspectos de ortografía, que tanto nos custa ás veces! Con moita pena, despedimos ao noso compañeiro e amigo Alexis, que xa non estará no noso cole no seguinte trimestre Para despedilo por todo o alto, despois da gran festa do cole fixemos a nosa pequena festa na aula, que ben o pasamos! Bailamos, cantamos, xogamos, brindamos... Grazas polas aportacións Alexis, moita sorte no teu novo colexio, imos botarte moito de menos!! FAMILIAS: Dous avisos:  - Se queredes todas estas fotos que imos sacando, podedes traer un pen e métoas todas. 

Festa Nadal

Imagen
Aínda que xa veredes na páxina web todas as fotos e os vídeos, déixovos aquí un avance das nosas actuacións no día da festa de Nadal. Grazas por acompañarnos neste día tan especial!

Que xa chegan....!

Imagen
Hoxe recibimos a especial visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Falamos con eles, dixémoslles o ben que nos portamos e o que pedimos, e deixámoslles as nosas cartas para que o día 6 nos traian algún agasallo :)