Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Celebramos o 25N

Imagen
Onte celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Para iso, nós, que xa sabiamos cal é a orixe deste día tan importante, contámosllo ao resto do colexio. Mirade o vídeo para ver o ben que o fixemos, e para coñecer esta historia tan curiosa e importante! Despois tamén cantamos e signamos a canción "Puerta Violeta". Nas seguintes ligazóns podedes ver os vídeos: https://drive.google.com/file/d/1Muf2MO1oAroT2qoyV0a4zeHazyfUBURO/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/1NBrpO1wMcFr7sUbRPqCCOk39R5W5QRlQ/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/1xnu01g3kmDyYVCEHTe5hGfNi9oU33GEs/view?usp=sharing

Visitamos a Policía Local de Culleredo

Imagen
Foi tan interesante a nosa visita á Policía Local que ata o xornal fíxose eco dela! Aquí vos deixo a ligazón e máis fotos da visita Tranquilos e tranquilas, ninguén deu positivo! https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2019/11/14/visita-escolar-policia-local/1452090.html

Magosto

Imagen
Que ben o pasamos celebrando o Magosto con todo o cole e que boas estaban as castañas. Grazas familias do ANPA por aportalas e asalas!

Samaín

Imagen
Comezamos a celebración desta data tan importante aprendendo sobre a súa orixe. Que vos conten! Foi antes o Samhaín que o Halloween...! Tamén aprendimos que fan por este día noutras partes do mundo. Decoramos a clase, o colexio, disfrazámonos, degustamos os marabillosos postres terroríficos, vimos a exhibición de cabazas, escoitamos un conto cunhas protagonistas bruxas moi especiais, e cantamos todo o colexio a canción do Samaín. Foi un día moi divertido!