Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018
Imagen
O día anterior á festa puidemos gozar dunha estupenda obra de teatro: "As tres bandidas", adaptada do conto, cunhas protagonistas moi especiais. 

Así nos preparamos para o Samaín!

Imagen
Dacordo coa tradición galega, no colexio celebramos o Samaín, unha festividade celta que significa o "fin do verán". Dende a asignatura de inglés non nos esquecemos do Halloween, celebrado na maioría dos países de fala inglesa.  Así nos preparamos a clase de 5º e 6º para estas dúas festas: decoramos a aula, o colexio, fixemos slime , preparamos un marco para sacarnos fotos o día da festa e, por sermos os maiores, axudamos a montar a aula do terror. Pasámolo DE MEDO!!

Visita de Fiammy e Yosi

Imagen
Fiamy, a nai de Juan Alexis, e a súa amiga Yosi, prestáronse a vir á nosa clase a contarnos cousas moi interesantes sobre o seu país, República Dominicana. Coñecimos un pouco da súa historia, da súa gastronomía, da súa cultura… Tamén tivemos a oportunidade de facerlles moitas preguntas, tanto a nivel xeral sobre o seu país como a nivel particular sobre a súa experiencia persoal. Incluso nos deixaron uns agasallos! Que interesante é coñecer a historia doutras persoas! Así que xa sabedes, familias, animádevos a participar con nós en todo o que se vos ocorra que poida resultar interesante. MOITÍSIMAS GRAZAS A FIAMMY E YOSI POR VIR!!

Os servizos de emerxencia de Culleredo

Imagen
Que ben o pasamos en Culleredo coñecendo os diferentes servizos de emerxencia que están dispoñibles para axudarnos: ambulancias, bombeiros, policía, garda civil... Aprendimos moito e pasámolo moi ben!