Educación Física


IOGA

Bo día, xa queda menos para rematar este curso que está a ser especial e diferente para todos nós. Aínda que agora xa podemos saír máis á rúa para manter no noso corpo activo debemos seguir realizando estes pequenos traballos específicos de Educación Física.
Hoxe presentareivos unha actividade nova e diferente para a maioría de vós, o IOGA, a través desta disciplina milenaria traballaremos a flexibilidade, a amplitude de movementos así como a  relaxación e concentración.

No seguinte enlace atoparedes o traballo a realizar:



O Ioga ten como base a realización de diferentes posturas que debemos acadar e manter durante un período de tempo breve, os nomes dalgunhas delas están relacionadas con elementos da natureza como por exemplo a montaña ou con animais como a do can xa que tratan de imitalos.

Agora é a vosa quenda, debedes probar e realizar esta pequena sesión de IOGA seguindo as indicacións da “mestra”. Coma sempre non esquezades gravar ou tomar fotos do voso traballo, estarei encantado de vervos. Moito ánimo nenos e nenas que xa queda moi pouquiño!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa