Xoves 07/05


Bo día!!!! Xa é xoves!!!!

1. Ciencias Naturais: copiade na libreta o resumo do tema 5 que vos puxen onte.

2. Lengua Castellana: seguimos con el repaso del tema. Ejercicios 3, 4 y 7 de la página 157. 


3. Ciencias Sociais: seguimos explicando o tema 6:

2. A GUERRA CIVIL E A DITADURA DE FRANCO

A Guerra Civil (1936-1939)

En xullo de 1936, algúns xenerais do exército subleváronse (enfrentáronse) contra a República apoiados por forzas de dereitas. Este golpe militar só triunfou nunha parte do país, polo que empezou unha guerra entre os sublevados e as forzas republicanas que durou ata 1939.
Os sublevados foron tomando cada vez más territorio ata que, coa caída de Madrid, conseguiron facerse con todo o país. As causas de que gañaran os sublevados foron:
- A falta de unidade das esquerdas do bando republicano.
- A superioridade militar dos sublevados.
A guerra tivo como consecuencia moitas mortes, moita xente que marchou do país (exilio), moita pobreza... Triunfaron os sectores máis conservadores da sociedade e o xeneral Franco rematou coa democracia republicana implantando unha ditadura.



A ditadura de Franco (1939-1975)

O xeneral Francisco Franco concentrou todos os poderes do Estado e fíxose chamar Caudillo ou Xeneralísimo. O novo Estado prohibiu os partidos políticos e favoreceu a Igrexa católica, convertendo en relixión oficial o catolicismo.



 Distínguense dúas partes principais dentro da ditadura:

- A autarquía, ata finais dos anos cincuenta, foi unha época de illamento internacional. España tiña que autoabastecerse e había moita escaseza e racionamento dos alimentos básicos. A represión contra os que non estaban dacordo era moi dura, con cárcere e execución, e isto durou case toda a ditadura.








- A política de desenvolvemento, durante os anos sesenta e setenta, rompeu o illamento e isto favoreceu o desenvolvemento económico. Aínda que a ditadura se mantivo, o nivel de vida mellorou. Había máis turismo e iso fixo que se modernizaran un pouco os costumes.





Durante todo o franquismo as persoas que estaban en contra actuaban de maneira escondida. A partir dos anos sesenta comezaron algunhas protestas, sobre todo estudantís, pero foron duramente reprimidas. 





Para hoxe tedes que ler esta información varias veces e ver os vídeos varias veces ata comprendelos. Despois, tedes que facer a seguinte tarefa:



DESCANSO!!!!


4. Inglés: Pupils Book, Page 50, exercise 20.

 5. Matemáticas: continuamos con el repaso. Página 121 ejercicios 15, 16, 17, 18 y 19. 

Facemos mañá unha videochamada para ver que tal foi a semana? E podemos xogar xuntas a algo como fixemos o outro día. Lembrade que tedes que descargar a aplicaciónb (os que non vos conectastes a outra vez), podedes ir facéndoo seguindo esta ligazón: https://eduxunta.webex.com/meet/andreamartinezquiroga

Como tarefa divertida de hoxe, podedes ollar esta páxina na que tedes xogos de mesa gratis para imprimir aos que podedes xogar estes días 
 https://bebeamordor.com/2020/05/03/juegos-de-mesa-gratis-imprimibles/?fbclid=IwAR2qWj3IMMFzbbKTpIW2Qaen9a9HXZq3qHh56T69PXuZ6PM1rv58w1MK5fI

LISTO POR HOXE!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Resultados tarefas 20-24 de abril