Mércores 27/05

Ola, ola, ola, ola!

Que tal? Xa estamos á metade da semana!! Espero que todo siga indo ben.

Xa a maioría mandastes as vosas fotos, así que os que quedades xa sabedes!

Hoxe comezamos con Lingua Galega: xa sabemos perfectamente o que é o suxeito e o que é o predicado, pero nunca está de más repasalo un pouco. Lembrade que o primeiro que tedes que facer é sempre localizar o verbo. Despois lle preguntades ao verbo "quen?". A resposta será o suxeito, e o restante o predicado. Páxina 166 exercicios 8 e 9. A continuación facemos o exercicio 2 da páxina 167 para repasar cando se escribe z, c ou s. Non o fagades a boleo: ide mirando as normas no recadro azul.

Continuamos con el repaso de Matemáticas. Seguimos con el tema 1, en este caso sobre propiedad distributiva y sacar factor común.
 Explicación mía como recordatorio a la propiedad distributiva:





Ahora hacemos este ejercicio:
1. Resuelve:
a) (5 + 9) x 8 =
b) 7 x (10 + 8) =
c) (15 + 6) x 7 =
d) (20 + 5) x 3 =

Explicación mía como recordatorio a sacar factor común:



2. Saca factor común y resuelve:
a) 5 x 10 + 5 x 8 - 5 x 12 =
b) 9 x 3 - 5 x 3 + 3 x 8 =
c) 12 x 10 - 3 x 10 + 10 x 15 =

Repasamos también las multiplicaciones haciendo estas cuentas. Acordaros de que lo esencial es colocarlas bien, en vertical. 

3. Calcula: 
3514 x 406 =
9369 x 557 =
8707 x 651 =

4. Laura ha pagado por su coche 7500 euros de entrada y 48 cuotas de 468 euros. ¿Cuál es el precio del coche?




Xa tedes a nova entrada de Educación Física co que tedes que facer esta semana: 


Ciencias Sociais: para seguir co tema 6, imos con este Kahoot, que é unha ferramenta de preguntas pero que seguro vos vai resultar divertida. Seguide o seguinte link e ide respondendo ás preguntas: https://kahoot.it/challenge/03473739?challenge-id=141f2d76-b3f6-4ff0-8949-311dbe896f58_1590407600555 
Poñedes o voso nome onde pon "enter nickname" e lodo dádelle a go. Poñede un nome raro para que non estea collido. Logo ide respondendo ás preguntas.


Rematamos con Ciencias Naturais. No tema 6, estabamos falando da electricidade. Pois hai materiais que permiten que pase a electricidade a través deles, que son os que coñecemos como materiais condutores; e materiais que non o permiten, que son os illantes. Lede a información da páxina 108 e mirade estes vídeos onde está explicado:




Agora, na libreta, poñede coas vosas palabras cal é a diferencia entre materiais condutores e illantes e poñede, como mínimo, tres exemplos de cada un deles.

LISTO POR HOXE!!

Que teñades unha feliz tarde...




Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa