Mércores 13/05
Hoxe comezamos con Lingua Galega e, como vos dixen, seguimos facendo as actividades das Letras Galegas que imos poñendo no blog de Dinamización Lingüística. A de hoxe é o visionado do estupendo conto que contastes vós. Noraboa polo traballo, quedouvos xenial, sodes uns artistas, e estou segura de que ao resto do cole faralle moita ilusión que, unha vez máis, os maiores lles conten un conto.
https://edlgviladerutis.blogspot.com/2020/05/semana-das-letras-galegas-ii.html
Grazas polo voso traballo!
https://edlgviladerutis.blogspot.com/2020/05/semana-das-letras-galegas-ii.html
Grazas polo voso traballo!
Matemáticas: seguimos con el repaso. Página 125 ejercicios 16, 17, 18 y 19.
Lembrade revisar o blog de música e descansar un ratiño...
Ciencias Sociais: seguimos explicando o tema 6:
3. A DEMOCRACIA E A ESPAÑA CONSTITUCIONAL
A transición e a democracia
A Transición é o proceso de cambio político que houbo en España despois da morte do xeneral Franco e que a transformou nun estado democrático.
Cando Franco morreu en 1975, el deixara preparado para que a ditadura continuara, pero o rei Juan Carlos I, designado por el como sucesor, favoreceu o acordo entre os reformistas e rupturistas. Os reformistas eran políticos da ditadura que querían reformala e facela máis democrática e os rupturistas eran os que querían acabar co Estado franquista e instaurar unha democracia plena.
Comezou así unha democracia con Adolfo Suárez como presidente do goberno.
A Consitución de 1978
A Consitución é a norma que desde 1978 regula a convivencia dos cidadáns e garante os seus dereitos. Con isto producíronse moitos cambios como máis liberdades, igualdade e dereitos. Prohibiuse tamén a pena de morte e a tortura. A partir de entón, o pobo pode votar e existen os dereitos das autonomías.
Ciencias Naturais: xa tedes na libreta o resumo do tema 5, tócavos agora estudalo.
Como tarefa divertida de hoxe, nesta páxina tedes un montón de ideas chulas de actividades que podedes facer dende a casa: https://saposyprincesas.elmundo.es/especiales/planes-para-ir-muy-lejos-sin-salir-de-casa/
Comentarios
Publicar un comentario