Mércores 06/05
Bo día!!
Mirade o que se lle ocorreu a James para facer o reto do círculo:
Moi boa idea, James!! Pero aínda hai outra opción, ocórresevos?
Hoy cambiamos Lingua Galega por Lengua Castellana, por lo de ayer. En Lengua Castellana vamos con el repaso del tema. Para ello hacemos los ejercicios 1 y 2 de la página 156.
Matemáticas: seguimos repasando el tema. Página 121 ejercicios 10, 11, 12, 13 y 14.
Revisamos el blog de música y descansamos un ratito...

Ciencias Sociais: tócavos volver a ver os meus resumos e vídeos de onte e despois copiar o resumo na libreta e lelo varias veces.
Ciencias Naturais: damos por finalizado o tema 5, porque as cousas que quedan por ver son un pouco difíciles para ver a distancia. Por iso déixovos aquí o resumo que vos ides ter que aprender. Polo de agora, hoxe só tedes que lelo con atención e preguntarme se tedes algunha dúbida.
TEMA 5. A MATERIA E OS SEUS CAMBIOS
1. A materia. As súas propiedades e os seus tipos
A materia é o que forma todos os obxectos e corpos materiais do universo que se poden pedir e ocupan un espazo. Ten propiedades xerais, como a masa e o volume; e propiedades específicas, como a densidade, o brillo, a dureza, a cor...
Na natureza pódense diferenciar diferentes tipos de materia: substancias puras ou mesturas. As substancias puras son aquelas que a súa descomposición non varía e que non se poden descompoñer noutras substancias. Por exemplo o ouro, a auga, a prata, o ferro...
As mesturas son conxuntos formados por dúas ou máis substancias puras. Por exemplo o barro, que está formado por arxila moída e auga. Estas mesturas poden ser:
- Heteroxéneas: os compoñentes poden distinguirse porque son visibles.
- Homoxéneas: non é posible distinguir os compoñentes porque non son visibles.
Esta imaxe nos permite ver ben a diferencia entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas:
2. A enerxía: as súas características e as súas fontes
A enerxía é todo aquilo capaz de producir un cambio na materia. Ten as seguintes características:
- Non ten masa nin volume.
- Pode estar dentro da materia ou transferirse duns corpos a outros.
- Maniféstase en distintas formas.
As principais formas de enerxía son:
- Enerxía mecánica: téñena os corpos que se moven, como o vento, as correntes de auga...
- Enerxía química: téñena certas substancias como os combustibles.
- Enerxía térmica: percíbese como calor.
- Enerxía luminosa: é a luz que emiten fontes como o Sol ou unha chama.
- Enerxía eléctrica: prodúcena os raios nas tormentas, as pilas...
- Enerxía magnética: téñenna os imáns e fai que se atraian obxectos metálicos.
As fontes de enerxía son materiais ou fenómenos naturais capaces de ceder enerxía que podemos utilizar. Poden ser renovables ou non-renovables.
- As fontes de enerxía renovables son as que non se esgotan, porque se atopan en moita cantidade ou porque se rexeneran continuamente. Por exemplo: o Sol (a enerxía solar), o vento (enerxía eólica), as correntes de auga (enerxía hidráulica), a calor do interior da Terra (enerxía xeotérmica) e a biomasa.
- As fontes de enerxía non-renovables son as que se esgotan poruqe se renovan moi lentamente pero se consomen moi rápido. Por exemplo o petróleo, o gas natural, o carbón...
3. A calor e os seus efectos
Chamámoslle calor á transfrencia de enerxía térmica desde un corpo con certa temperatura ata outro con menos. A calor pode transferirse dun corpo a outro por contacto (por exemplo cando poñemos un cazo ao lume) ou a distancia (por exemplo a través do Sol).
A calor ten varios efectos, como que varía a temperatura e que fai cambios físicos como a dilatación.
4. O son e os seus efectos
O son prodúcese cando un corpo vibra, e esa vibración transmítese a través do aire, da auga ou doutro corpo ou substancia.
5. A luz
A luz é unha forma de enerxía que emiten as chamadas fontes luminosas e que podemos percibir cos nosos ollos. Ten tres características principais:
- Propágase en liña recta.
- Propágase en todas as direccións.
- Viaxa máis rápido ca calquera outra forma de enerxía no universo.
Isto é todo o que vos tedes que saber de naturais do tema 5. Non é tanto, non?
Como tarefa divertida de hoxe, podedes animarvos facer algúns dos retos que vos puxen a fin de semana.
Deica mañá!

Comentarios
Publicar un comentario