Martes 05/05
¡Holaaaaa!
¿Qué tal de puente? Espero que hayáis descansado un montón y lo hayáis pasado bien. Yo súper contenta de poder salir a pasear, tenía muchas ganas de ver el mar y de caminar un poco al final del día. ¿Cómo van vuestras salidas? ¿E hicisteis alguno de los retos de 2º?
Hoy empezamos con Inglés: Pupils Book, Page 50, exercise 19 ("The Eden Project").
Hoxe cambio Lingua Castelá por Lingua Galega: tedes que facer investigación. A quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas? Por que? Que cousas importantes fixo esta persoa? Vouvos ir chamando hoxe para propoñervos un traballo especial para o que precisades saber isto.
Matemáticas: seguimos repasando el tema. Página 120 ejercicios 5, 6, 7, 8 y 9.
¡DESCANSO!
Ciencias Sociais: terminado o tema 5, facédemo saber se tedes algunha dúbida. Imos co 6, que nos conta que é o que ocorreu en España nos séculos XX e XXI. Esta vez esquecede o libro, xa vos poño por aquí directamente resumos e explicación, para que non se vos faga difícil como no anterior. Eu vou a poñer o mínimo e vou intentar simplificalo ao máximo, pero se aínda así vos resulta complicado, facédemo saber por favor. Hoxe o único que tedes que facer é ler o seguinte resumo e ver as miñas explicacións. Aconséllovos ler o resumo e mirar os vídeos varias veces para ir pouco a pouco quedando coa información. TOMÁDEO EN SERIO, aínda que non vaiamos a examinarnos disto, o ano que ven ides ter que telo sabido, así que non o deixedes pasar!
1. REINADO DE ALFONSO XIII E SEGUNDA REPÚBLICA
O reinado de Alfonso XIII (1902-1931)
Con Alfonso XII mantíñase o sistema político da Restauración (recuperación do trono dos Borbones) e a quenda de partidos (ían alternando no poder) entre os conservadores e os liberais. Seguiron crecendo o movemento obreiro (asociábanse os traballadores para reclamar dereitos) e o republicanismo (non monarquía). Produciuse a Guerra de Marrocos (contra as colonias españolas e francesas). Aproveitando o clima de axitación e descontento, o xeneral Primo de Rivera deu un golpe militar que contou co apoio do rei.
*Hai un erro no vídeo: digo Alfonso VIII cando é Alfonso XIII
A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
Primo de Rivera suspendeu a constitución, prohibiu os partidos e sindicatos, e impuxo a censura de prensa e un goberno militar. Tiña en contra a intelectuais e estudantes. Consegui gañar a perda de Marrocos, pero foi perdendo apoios, polo que dimitiu en 1930. A monarquía, como apoiara a ditadura, perdeu popularidade e os republicanos ganaron nas eleccións municipais de 1931. Alfonso XIII abandonou o país e proclamouse a república.
A Segunda República (1931-1939)
Elaborouse a Consitución de 1931, e quedaron como presidente da República Alcalá Zamora e como presidente do Goberno Manuel Azaña. Estableceu as liberdades cidadás, o sufraxio universal para homes e mulleres, separouse a Igrexa e o Estado e comezou o dereito á autonomía das rexións. Houbo moitas reformas que permitiron avances políticos e sociais. Por exemplo:
- Autorizouse o matrimonio civil, o divorcio e o dereito a voto das mulleres.
- A reforma agraria puxo terras a disposición de cooperativas campesiñas.
- A reforma educativa creou 10 000 escolas e aumentou o número de mestres.
Pero os conservadores non estaban dacordo con todo isto, polo que deron un golpe de Estado que provocou a Guerra Civil.
Listo por hoxe!
A tarefa de hoxe de Valores vouvos chamar para ir explicándovola por teléfono, e tamén será a tarefa divertida de hoxe.
Unha aperta!
Comentarios
Publicar un comentario