Educación Física


A mover o esqueleto

Bo díaaa!!! Antes de coñecer a nova proposta gustaríame dar a noraboa aos nenos e nenas que fixeron a Rutipizza, alégrome moito de que vos gustaran, tiñan unha pinta espectacular!!!

Pouco a pouco xa imos gozando de máis liberdade para saír á rúa pasear, xogar, facer deporte... por iso debemos aproveitar ese tempo para esquecernos un pouco desta situación diferente na que nos atopamos e desfrutar do medio que nos rodea.

A proposta de hoxe é un pequeno grupo de exercicios que comezará cun quecemento e un grupo de exercicios para o traballo  das Capacidades Físicas (Forza, Velocidade, Resistencia e Flexibilidade). Ademais a coordinación e o equilibrio serán de gran importancia para a realización dos mesmos.

Neste enlace atoparedes as tarefas propostas:



Unha vez realizadas as propostas do vídeo podedes inventar as vosas propias, se queredes tamén podedes realizar estas actividades na rúa no voso tempo de lecer. Espero coma sempre ver os vosos vídeos e fotos! Recordade que xa queda menos!!!

#EUQUEDONACASA E MÓVOME

Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Día 14 de cole dende a casa