Educación Física




Bo día nenos e nenas!!! Pasiño a pasiño imos avanzando neste longo camiño que estamos percorrendo contra o COVID-19. Pero co esforzo e sacrificio de todos e todas xa estamos máis preto de conseguilo!!!

A actividades física, o descanso, a hixiene corporal e postural e a alimentación saudable son considerados aspectos de gran importancia para gozar dunha boa saúde.

Todos eles contribúen a que levemos un ESTILO DE VIDA SAUDABLE!!!

Como agora xa podemos saír á rúa para facer un pouco de exercicio físico, hoxe a miña proposta relaciónase coa alimentación saudable. Estou seguro que a todos vós, ao igual ca min vos encanta a pizza, co seu tomate, mozzarella, etc… Aquí vos deixo unha receita de PIZZA SAUDABLE para que a poñades en práctica coa axuda dos vosos familiares, é moi sinxela e está boísima, eu xa a probei!!!!

Ingredientes:
·         12 anacos de cabaciña (imaxe 1).
·         Tomate natural triturado.
·         Xamón e queixo ou outros ingredientes que ti prefiras.

Elaboración :
1.     Cortamos a cabaciña en anacos e pasámolo volta e volta pola tixola. Serán a base da nosa pizza.
2.    Sacámolo da tixola e engadimos tomate natural ou triturado.
3.    Engadimos os ingredientes ao gusto (xamón/atún, queixo…)
4.    Ao forno 10-15 min a 180º. Debe estar quentado previamente a 180º arriba y abaixo.



* OBRIGATORIO FACER A RECEITA ACOMPAÑADOS DUN ADULTO.
Agardo ver as vosas creación con fotos ou vídeos!!! Moito ánimo, xa queda menos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

¡Hasta pronto!

Día 6 de cole desde casa

Día 10 de cole desde casa