Educación Física: Os Xogos Olímpicos
Os Xogos Olímpicos son o evento deportivo máis importante de
mundo, nel compiten atletas de todos os países en diferentes disciplinas como:
atletismo, fútbol, balonmán, esgrima... Dous son os símbolos máis recoñecibles
deste evento, os AROS OLÍMPICOS e a CHAMA OLÍMPICA, esta última permanece
acesa desde o inicio ata o fin dos XOGOS e non se poden levar a cabo sen a súa
presenza.
Os XOGOS
OLÍMPICOS Ían celebrarse este verán na cidade de Tokyo, no Xapón, pero o
COVID-19 fixo que se tiveran que pospoñer ao 2021, por motivos que se
descoñecen a CHAMA OLÍMPICA está desaparecida e precisamos da túa axuda para poder recuperala!!!
Segundo as últimas noticias a chama
podería estar en calquera destas caixas…. Para poder recuperala deberás
realizar 5 misións que che permitirán obter a
combinación secreta da caixa forte na que
cremos que se atopa a chama olímpica!!!
No seguinte
enlace atoparás a información necesaria:
A celebración dos Xogos Olímpicos de Tokyo depende de
ti!!!
Non é necesario
que realices todas a misións o mesmo día, podes facelo en varias sesións. Por
outra banda, lembra anotar os números secretos de cada misión xa que ao final
terás que introducir o código secreto.
Debes intentar
realizar cada unha das misións o mellor posible, o esforzo e a constancia
levarante ao éxito, non é preciso que consigas todas as propostas pero si que o
intentes.
NOTA: para as misións 2 e 5 non precisas os cadrados, podes realizalo sen eles,
usando as baldosas como referencia, ou tamén podes facelo con cinta.
#EUQUEDONACASA E MÓVOME
Comentarios
Publicar un comentario