Xoves 23/04/20

Bo día amigos e amigas!! Espero que todos e todas sigades ben.

Vistes o vídeo que fixemos para o Día do Libro? Podemos facer un da nosa clase tamén. Para isto estaría guai que me mandarades fotos de vós na ventá cos vosos libros favoritos, e logo eu monto todo. Como está facendo aquí Mabel:



Hoxe comezamos con Ciencias Naturais. Tócanos agora coñecer que é o son e cales son os seus efectos, na páxina 93. Creo que podedes ver estes vídeos para comprendelo:



Probade a sentir a vibración que produce o son con estes exemplos:

- Falade mentres tocades a vosa gorxa.
- Poñede música en alto e tocade o altavoz.
Tanto a gorxa como o altavoz vibran, verdade? Iso é porque se está producindo o son.

Agora que xa o sabedes, na vosa libreta contestade o seguinte:
1. Explica coas túas palabras como se produce o son.
2. Resume cales son os efectos que ten o son.

Seguimos con Lengua Castellana: recordar qué palabras se escriben con g y qué palabras se escriben con j leyendo el recuadro de la página 146. Después podéis hacer los ejercicios 1, 2 y 3.

De Ciencias Sociais, copiade na vosa libreta o resumo do tema 5 que vos puxen na entrada do martes para despois telo aí para estudiar.

Descansamos un pouco e imos con Ingléshttps://www.anglomaniacy.pl/springFlowersQuiz.htm

Saltamos hoxe mate para que non se nos faga moito, e rematamos o día coa tarefa divertida de hoxe. A ver quen consigue resolver a seguinte adiviña:

Tengo cabeza redonda, sin nariz,ni ojos, ni frente, mi cuerpo se compone sólo de blancos dientes.

Apetécevos facer videochamada mañá? Para charlar un rato e vernos un pouco, e igual podemos xogar a algo. Xa me dicides. Temos unha nova ferramenta para facelas que nos ofreceu a Xunta, podemos probala. Mandaríavos o enlace e teriades que descargar unha aplicación para poder acceder.

Unha aperta moi grande!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Día 14 de cole dende a casa