Un Día do Libro especial

Cada ano, o 23 de abril é unha data especial no colexio. Conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura entre os máis pequenos.

Hoxe estamos vivindo unhas circunstancias especiais , pero non por iso imos deixar de celebrar esta data. Animamos ás familias a disfrutar coas lecturas dos seus fillos/as, que lle permitirán viaxar a lugares fantásticos, vivir grandes aventuras e deixar voar a imaxinación.
O profesorado do CEIP Vila de Rutis, co desexo de que pronto volvamos á normalidade, quere adicarvos este vídeo e recordarvos que vos botamos moito de menos. 

Moito ánimo!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa