Miércoles 29/04


¿Todo el mundo bien? Espero que sí.

¡Vamos con fuerza a por el miércoles!

1. Lingua Galega: lembramos o que son os temas na literatura? son do que fala unha poesía, un libro, unha obra de teatro... Por exemplo do amor, da morte, da vida, da amizade... Como tarefa, tedes que analizar cal é o tema do que trata o libro que vos estades a ler agora. Para iso, deixade en comentarios o título do libro e o tema do que trata. Despois lede a páxina 153.

2. Matemáticas: problemas del 5 al 10 de la página 119.

3. Revisar el blog de Música.

4. RECREOOOOOOO

5. Ciencias Sociais: último día para revisar pola vosa conta o tema 5. Botádelle un último e bo repaso e preguntádeme as dúbidas que precisedes. É importante que non o deixedes estar, só tedes que aprender as ideas principais que eu vos puxen no resumo, pero o ano que ven ides dalas, así que vos resultará moito máis fácil se xa tedes unha idea. 

6. Ciencias Naturais: imos aprender na páxina 94 o que é a luz, cales son as súas características e os seus materiais. Lede todo con atención e mirade ben estes vídeos:



Agora contesta na libreta coas túas palabras:
1. Que é a luz?
2. Explica de maneira resumida as características da luz.
3. Di dous exemplos de corpos transparentes, dous de corpos translúcidos e dous de corpos opacos.

Como é bastante, mañá non vos mando nada de naturais e así podedes facer isto con máis tempo.

Como tarefa divertida de hoxe, podedes facer este obradoiro de artes plásticas en familia que propón Afundación: https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa/recurso/talleres-de-artes-plastica-en-familia-tecnica-creativa-con-crema-para-30

ÁNIMO!!!!!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa