Martes 21/04/20

Good morning!! ¿Qué tal todo el mundo? ¿Ya sabéis cuántos hijos tiene el Sr. Smith?

Mirad qué pasada de poema escribió Carla:



¡A mí me dejó impresionada!

En el día de hoy...

1. Inglés: Activity Book, page 46, exercise 7.

2. Lengua Castellana: empezamos el tema 9 con la lectura de las páginas 142 y 143. Después hacemos los siguientes ejercicios. Página 145 ejercicios 2, 3 y 4. Aunque ponga oral, podéis hacerlos en la libreta.

3. Matemáticas: aquí va mi explicación de la página 114:


Después de eso podéis hacer los ejercicios 1 y 2 para practicarlo.

4. Sociais: vouvos poñer aquí un resumo do único que temos que saber do tema 5, creo que vai ser máis fácil así, porque se non moitos vos estabades liando un pouco. Tamén un vídeo meu explicando cada punto.

TEMA 5

A GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808-1813)
Napoleón e o seu exército querían que o seu irmán, José Bonaparte, fose o rei de España. Sen embargo, os españois non estaban dacordo, e en Madrid rebeláronse contra as tropas francesas. Estas responderon cunha cruel represión, e así foi como comezou a Guerra da Independencia. A España a apoiaron Gran Bretaña e Portugal, que ían contra o imperio de Napoleón.
Os españois defendéronse en forma de guerrillas, que son ataques que son pequenos pero que son por sorpresa e en todas partes. Os franceses non estaban afeitos a loitar desta maneira, e iso foi o que fixo Napoleón e o seu exército abandonasen España.
Firmouse a primeira Consitución liberal, que facía a todos os españois iguais ante a lei e remataba co absolutismo (que o rei teña todo o poder). Fixeron rei a Fernando VII.



O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)
Fernando VII favoreceu os absolutistas que querían suprimir a Constitución e as reformas liberais. A Constitución desapareceu en 1823. Como o seu reinado foi débil, moitas colonias (territorios americanos que pertencían a España) aproveitaron esta situación para independizarse. Fernando VII antes de morrer eliminou a Lei Sálica, que non deixaba reinar ás mulleres, para que a súa filla Isabel puidera herdar o seu trono. Os absolutistas non estaban dacordo con este cambio, querían que o irmán do rei, Carlos, ocupara o trono. Chamáronlles carlistas.




O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)
Cando Isabel herdou o trono aínda era unha nena, polo que a súa nai Cristina converteuse en rexenta (gobernaba ela mentres a súa filla era pequena). A Isabel declarárona maior de idade con trece anos, pero o seu reinado foi moi inestable: os carlistas rebeláronse e formaron as guerras carlistas; e os seus apoios estaban divididos tamén entre os que eran máis moderados e máis progresistas. Isto sumado a unha crise económica provocou unha revolución coñecida como "A Gloriosa", e Isabel II acabou renunciando ao trono.






O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)
Cando Isabel II saiu de España, comezou o Sexenio Democrático. Era un réxime liberal progresista baseado no sufraxio universal masculino (todos os homes podían votar) e elixiron un novo rei: Amadeo de Savoie.




A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874)
En 1873, Amadeo I renunciou ao trono e proclamouse a Primeira República (goberno no que o poder está nunha ou varias persoas elixidas por votación, en vez de en mans dun rei ou raíña). Pero había quen non aceptaba isto e se rebelou (rebelión dos cantóns). Ademáis, xurdiu a guerra de Cuba (que quería independizarse) e a terceira guerra carlista. Todo isto produciu moita inestabilidade e un golpe militar puxo fin á República e puxeron como rei a Alfonso XII, fillo de Isabel II.




Isto é todo do tema 5! Hoxe simplemente tedes que ler con calma estes resumos e ver os vídeos varias veces ata que entendades ben o que ocorreu na historia de España neses anos.

5. Valores e tarefa divertida de hoxe: escribídelle unha carta a un amigo ou amiga de clase, ou a varios. Contádelle que andades a facer, se o botades de menos, que cousas tedes ganas de facer cando vos encontredes outra vez, que planes tedes para cando remate todo isto... o que vos apeteza! Mandádemas por correo e eu fareillas chegar. Seguro que é unha alegría recibir mensaxes dos vosos amigos e amigas.

UNHA APERTA MOI GRANDE!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa