Educación Física


#DEFC2020
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

Bo díaaaa!!! Hoxe 28 de abril, é o día da Educación Física na rúa, por mor do estado no que nos atopamos non se vai poder levar a cabo, no seu lugar celebrarase o Día da Educación Física na casa.

Que mellor maneira para celebralo que participando nunha sesión masiva a través da rede, nela participarán nenos e nenas de todo o país!!!

A sesión levarase a cabo ás 10:00 da mañá na seguinte ligazón:

Que pasa se non podo conectarme a esa hora?
Se tedes outras tarefas que facer, estades a traballar en outra materia ou non tedes opción de conectarvos a esa hora non vos preocupedes. A sesión estará dispoñible nesa mesma ligazón, polo que podedes facela a outra hora ou outro día.

Coma sempre gustaríame ver os vídeos ou fotos realizando as actividades, para que quede constancia do día que estamos a celebrar podemos facer un pequeno cartel co hashtag #DEFC2020, como no seguinte exemplo.


Este cartel podedes ensinalo ao final ou que se vexa durante a práctica. Non é preciso que gravedes toda a sesión, cunhas fotos ou un pequeno vídeo será suficiente.

Estades a facelo moi ben, e estou encantado cos vídeos que me enviades, seguide así e recordade que xa queda menos!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa