Educación Física (III)
Aquí vos queda o seguinte traballo de Educación Física para estas vacacións....
PARKOUR NA CASA!!!
Bo día nenos e nenas! Que tal? Sei que non é tarefa sinxela, pero
agardo que esteades pasando este tempo do mellor xeito posible, e que as
propostas de Educación Física vos axuden a esquecervos durante un tempo da
situación complexa que estamos a vivir e a despexar a vosa mente. Por outra
banda o noso corpo tamén agradecerá un pouco de actividade física.
Antes de comezar debemos saber... Que é o parkour?
Trátase dunha disciplina física de orixe francés na que os practicantes
tratan de superar todos os obstáculos cos que se atopa ao seu paso do xeito
máis fluído, rápido e técnico posible.
A proposta para esta semana é a seguinte:
Conseguir cruzar unha estancia da casa (habitación,
salón, cociña...) desde unha parede ata a que está situada en frente, ou crear
un percorrido de obstáculos no corredor e camiñar por eles.
Como o facemos?
Crearemos un
circuito de obstáculos, utilizando para iso diferentes elementos que teñamos na
casa (coxíns, almofadas, cadeiras, calcetíns en forma de bola, anacos de papel
hixiénico... ). Non é preciso que os obstáculos teñan altura, podemos aumentar
ou diminuír a dificultade utilizando para iso
apoios máis grandes ou máis pequenos. Podedes deseñar tantos circuítos
como a vosa imaxinación queira.
Podedes utilizar a axuda doutro membro da familia!!!
Aquí vos deixo a miña proposta, podedes tomar ideas para deseñar a vosa.
SERPE MOTRIZ!!!
No seguinte enlace poderedes atopar un xogo de mesa, que nos ofrece
mestrejairo.com, para acadar a vitoria deberedes superar unha serie de
“PROBLEMAS MOTRICES”, poderedes xogar de xeito individual tratando de superar
todas as probas ou cos vosos familiares
para ver quen chega á meta en primeiro lugar. Premendo na figura da dereita
teredes unhas sinxelas regras para poder comezar a xogar!!!
#EUQUEDONACASA E MÓVOME
Comentarios
Publicar un comentario