Día 17 de cole dende a casa

Bo día! Xa é venres... Esta semana fíxoseme rápida, a vós?

A ver esas bromas, retos... Lanceilles un aos de segundo e o fixeron xa once persoas, e de aquí o do papel só un e o do macarrón ningún! Veña que nos botamos unhas risas.

1. Lengua Castellana. ¿Cómo van esas entrevistas? Me encantaría verlas. También, si os apetece compartirlo (conmigo, no para colgar aquí), sería genial ver los diarios. Pero solo si os apetece, claro. Vamos hoy con los poemas: primero leed en la página 133 arriba a la derecha el recuadro de "recuerda". Después os toca sacar vuestro lado más creativo e inventar un poema de mínimo tres estrofas. Puede ser un pareado, terceto, redondilla o cuarteto. Tenéis la información de cómo es cada uno de ellos en la página 133. Luego mandádmelos 😃

2. Matemáticas. Vamos con la página 112. Mirad este vídeo donde explico lo que son las magnitudes directamente proporcionales:



Igual también os pueden ayudar estos de Youtube si no os quedó del todo claro:

Cuando lo tengáis claro, podéis hacer los ejercicios 1, 2 y 3 de la página 112.

3. Educación Física. Vistes que tedes entrada nova de Educación Física? Aproveitade para movernos nos descansos, polas tardes... con esas ideas tan chulas que vos deixan Javi e David. https://blog6viladerutis.blogspot.com/2020/04/educacion-fisica-iv.html

4. Lingua Galega. comezamos o tema 9 facendo a lectura das páxinas 142 e 143 e respondendo aos seguintes exercicios: páxina 144 exercicios 2, 3, 4, 5. Páxina 145 exercicio 9.

5. Plástica: seguimos explorando o noso lado máis creativo e, de paso, tomando o aire e collendo Vitamina D. Asómate á fiestra e fai fotos bonitas ou debuxos de todas as cousas que te chamen a atención (porque sexan curiosas, porque te parezan bonitas...).

Algún me preguntastes que por que non faciamos as clases por videoconferencia en vez de eu grabándome. A resposta é porque non todo o mundo pode conectarse á mesma. Hai casas nas que só hai un ordenador e polas mañás teñen que usalo os pais, xa que teletraballan. De todas formas, se vos apetece, podemos vernos para charlar un rato por videoconferencia a semana que ven os que vos poidades conectar. Que vos parece?

Como tarefa divertida para a fin de semana, aquí tedes unha lista para coller ideas con un montón de xogos que se poden facer no interior explicados: https://www.diocesisoa.org/documentos/ficheros/juegos_interior_493.pdf


Por último unha orde da vosa mestra que seguro que os que viven con vós agradecerán 😂:


BOA FINDE!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Resultados tarefas 20-24 de abril