Día 15 de cole desde casa

¡Buenos días! ¿Cómo está todo el mundo?

Hoy...

1. Lingua Galega: imos co repaso trimestral. Páxina 138 exercicios 1, 2, 3, 5, 6, 7 e 8.

2. Mate: hacemos la ficha de refuerzo que solemos hacer cuando terminamos un tema. No hace falta impresora, podéis hacer los ejercicios en la libreta:





3. Ciencias Naturais: tócanos aprender o que é a enerxía, na páxina 88. Coido que estes vídeo vos van axudar:

https://www.youtube.com/watch?v=-DbsKumdAus

https://www.youtube.com/watch?v=7IchUy3prCs

https://www.youtube.com/watch?v=zdt0dkWjapo

https://www.youtube.com/watch?v=NAPAMIpGB-s


Despois diso contestade coas vosas palabras:

1. Que é a enerxía?
2. Resume coas túas palabras as características da enerxía.
3. Menciona as principais formas de enerxía que coñeces.
4. Que son as fontes de enerxía?
5. Cal é a diferencia entre fontes de enerxía renovables e non renovables?

4. Ciencias Sociais: repasamos no libro o que foi o Sexenio Democrático e a Primeira República, na páxina 92. Se tedes dúbidas, facédemo saber. Se non é así, podedes responder ao seguinte coas vosas palabras:

1. Que era o sufraxio universal masculino?
2. Que é unha república?
3. Por que non tivo moito éxito a Primeira República?

Como tarefa divertida de hoxe, propóñovos unha clase de Ioga. Senta moi ben ao final do día para relaxarse e estirar un pouco. Non vos doe a espalda de estar tanto na casa? Neste canle podedes atopar clases para toda a familia e para todos os niveis:

https://www.youtube.com/channel/UCKQgiVPqEPU0tImAjFG5lNA

Primeiro en superar o reto novo: 



Noraboa, Javi!!

Os profes Marta e Javi animáronse tamén. A que esperades o resto?



Isto é todo por hoxe. Calqueira dúbida, coma sempre, ao correo ou teléfono fixo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Resultados tarefas 20-24 de abril