Día 14 de cole dende a casa

VOLTA AO COLE!!

Como foi esa Semana Santa? Seguro que tiñades tantas ganas de volver a facer tarefas como esta nena tan graciosa:




Só vin unha das vosas manualidades de plástica... fixestes algo chulo?

Espero que todo o mundo siga atopándose ben. Eu sigo ben tamén, hai días peores e días mellores, claro, pero todo vai ben. O que máis me anima é seguir conectada coa xente que quero, este é un exemplo dunha videochamada coa miña familia:




Vós facedes moitas? Gústanvos? Estades en contacto entre vós?

Tamén me animo cando sae o sol, aínda que sexa para quedar na casa. Lembrade que é moi importante que pasedes un ratiño ao día na ventá, balcón ou xardín. Eu leo un anaco "ao aire libre" todos os días.



Polo de agora seguimos sin recibir instrucións da Consellería acerca de como ten que ser o tercer trimestre, así que seguimos como ata agora. Imos ao lío....

1. Inglés: Asómate a la ventana y resuelve las fichas: ¿qué ves desde ella?, ¿qué tiempo hace?... dibújalo, escribe y completa.


2. Lengua Castellana: seguimos como siempre con el diario y vamos a repasar los tiempos verbales  y también la b y la v. Para ello, hacemos de la página 127 los ejercicios 3, 4 y 6


Saltamos hoxe mate para que non se vos faga moito a volta á rutina...



Descansamos, picamos algo e movémonos coas indicacións de David de Educación Física.

4. Ciencias Sociais: empezade por ler, para repasar, os resumos que fixestes sobre a Guerra da Independencia e os Reinados de Fernando VII e Isabel II. Hai unha serie en HBO que se chama "El Ministerio del Tiempo" que o primeiro capítulo vai sobre a guerra da independencia. Por se vos apetece velo... O seguinte que nos toca ver é a páxina 94. Imos darlle a volta outra vez: investigade que foi o Sexenio Democrático e a Primeira República, e escribídeo na libreta coas vosas palabras. 
Igual vos axudan estes vídeos: 



5. Valores: vemos os seguintes cortos:




Despois poñemos en comentarios o que nos pareceron... 
Tamén vos recomendo a película "Cadena de favores"


E como non podía ser doutra maneira... lanzo novo reto: hai que encestar seis rollos de papel hixiénico!




Espero os vosos vídeos!




PREGUNTA IMPORTANTE (dicídime por comentarios ou correo): TODO O MUNDO TEN NA CASA OS LIBROS DO TERCEIRO TRIMESTRE??


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!