Día 13 de cole dende a casa



Ola, ola! Xa é venres... Déixovos un dos meus vídeos favoritos para que empecedes o día con bo humor...






Se tedes algunha dúbida co boletín de notas que recibistes onte, facédemo saber.

Mirade que ben fixo James a investigación de sociais:



Sobre todo pareceume súper interesante como relacionou un desastre de hai tantos anos como a guerra da independencia como o desastre do COVID-19 que estamos vivindo agora. Non lle falta razón, non credes?





 Bo traballo!


No día de hoxe vouvos deixar máis tarefas do habitual pero non as tedes que facer todas hoxe, é entre hoxe e tooooda a semana que ven, así que coido que teredes tempo de sobra para facelas... é certo que normalmente non vos deixo nada para vacacións ou fines de semana, pero esta vez é un pouco diferente e teredes tempo para todo.


1. Lengua Castellana: seguimos con el repaso del tema. Página 121 ejercicios 6, 7, 8 y 9. Después vamos con nuestra típica actividad de Viernes de 5-4-3-2-1, pero esta vez algo diferente. Tenéis que escribir: 

5 cosas que me han hecho reír esta semana

4 palabras que describan mi semana

3 planes para los días sin clase de Semana Santa

2 cosas que he aprendido esta semana

1 objetivo que quiero conseguir la semana que viene


A continuación, mini redacciones. Escribid mínimo tres líneas sobre los siguientes temas en la libreta: 

¿Qué harías con un millón de euros?
Si fueses presidenta o presidente de tu país, ¿qué es lo primero que harías?
¿Qué es lo que más te gusta hacer con tu familia? ¿Y lo que menos?
¿Qué características tiene que tener un amigo o amiga para que lo consideres tu mejor amigo o amiga?
¿Qué regalo te gustaría recibir? ¿Por qué?


Acordaros también del diario. Podéis escribir qué es lo que más echáis de menos, qué es lo primero que os apetece hacer cuando esto termine, qué es lo peor y mejor de estos días... lo que se os ocurra.


2. Mate: lo último que tenemos que dar en el tema es cómo se dividen dos fracciones. Pero os va a resultar muy fácil, porque lo único que tenemos que hacer es multiplicar en cruz, así:

Mirad este vídeo para terminar de entenderlo https://www.youtube.com/watch?v=RNtvQitNbLk y también leed el recuadro de la página 105. A continuación, haced los ejercicios 1, 2, 3 y 4. Después de eso estará terminado el tema, así que durante la semana que viene podéis hacer los siguientes. Página 106 ejercicios 1, 3, 9. Página 107: 11, 13, 15, 18, 20 y 22. Si alguien quiere hacer más para repasar, podéis hacer el resto de esas páginas (106 y 107). 

3. A movernos un pouquiño coas instruccións de David de Educación Física e a descansar e ler outro anaco.

4. Lingua Galega: como vos dicía o outro día, rematado o tema 8, imos facer os exercicios de repaso. Páxina 136 exercicio 1. Páxina 137 exercicios 3 e 4.

A continuación, imos cos de repaso trimestral para a semana que vén. Páxinas 138 e 139: 1, 2, 3, 5, 7, 8.

5. Plástica. Déixovos, para que fagades durante a semana, diferentes ideas de manualidades sinxelas:


Como mínimo mínimo, unha delas tedes que facela si ou si e mandarme unha foto do resultado (que se vos vexa a cariña eh).

Nati déixame unha tarefa divertida sobre Easter (Pascua) que podedes facer para a semana que vén se queredes:



Sobre a Pascua, tamén recomenda Nati a peli de "Hop" para que vexades en inglés.

E agora, como a semana é longa, déixovos varias ideas para pasar o tempo...

1. Xogos que lle podedes propoñer á familia que xogamos na clase:
- Subastas de oracións.
- Aforcado.
- Pictionary.
- Bingo. Lembrade: un folio partido en dous, unha desas metades en oito anacos e a outra en oito dobleces. Despois poñedes por duplicado cousas como a vosa película favorita, un libro, unha cor, unha comida, un lugar ao que viaxar, un xogo, unha afición, un cantante, un grupo de música, unha canción...
- Tutifruti. Ideas de categorías: animal, cor, comida, lugar, prenda de ropa, obxecto, deporte, hobby, parte do corpo, medio de transporte, programa de TV, famoso/a...
- 3 verdades e unha mentira. Lembrade: cada persoa pon nun papel tres cousas que sexan verdade e tres que sexan mentira. Despois tedes que adiviñar cal foi a mentira do resto.
- Quen son? Lembrade: poñedes ao resto un Postit ou un trozo de papel na frente, sen que o vexan, onde aparece o nome dunha persoa famosa. Con preguntas de si ou non, ten que adiviñar quen é.

2. Lembrade que en Netflix está o documental Nuestro Planeta, que vimos algunha vez na clase e tanto nos gustou. Tamén a serie Atypical. O ano pasado vimos un capítulo na festa de fin de curso e gustárabamos moito. The Good Doctor tamén vos gustou...

3. Outras pelis que vos recomendo: Million Dolar Baby, Billy Elliot, Del Revés, Charlie y la Fábrica de Chocolate, Matilda, Los Juegos del Hambre, Harry Potter,  a saga de Divergente, Leal e Insurgente... Encantaríame que compartirades nos comentarios recomendacións de cousas chulas que vistes estes días, tanto para min como para os vosos compas.

4. Dende Anaya, envíannos un montón de libros que abriron para que os poidades ler online, por se xa rematastes os vosos:


https://www.anayainfantilyjuvenil.com/noticia/cinco-titulos-para-leer-gratis-desde-casa/

https://issuu.com/anayainfantil/stacks/75d07f7f0e544163a15aff93f1e13441

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia

Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa (2017), a partir de 8 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar

Vaia tropa, Antón Cortizas (2011), a partir de 9 años
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/vaia_tropa_anton_cortizas

Dragal. A estirpe do dragón, Elena Gallego (2015), juvenil

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/dragal_iv_a_estirpe_do_dragon

Aquí tamén hai un montón, e películas tamén: https://www.galiciale.gal

Aproveitade para ler moito, descansar e facer cousas chulas coa familia. Vémonos por aquí outra vez o martes 7, cargade as pilas! Despídome cun vídeo...










Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Resultados tarefas 20-24 de abril