Día 11 de cole dende casa
Ola, ola, bo día! Que tal hoxe? Veña, xa estamos á metade da semana e a semana que ven non temos clase así que, vacacións! Librarédevos de min por uns días... Gustouvos o vídeo de onte?
Como sabedes, xa ides recibir as notas da segunda avaliación. Só avaliei aquilo que fixemos antes de que se suspenderan as clases. En xeral estou moi contenta, traballastes moito e sobre todo o comportamento da clase mellorou un montón así que xenial, iso tamén se ve nas notas, e sobre todo no día a día na aula, non? Agora estamos máis a gusto, o ambiente é máis agradable, podemos xogar e facer tarefas máis divertidas... É estupendo, así que noraboa e grazas, espero que siga así! Estou moi orgullosa de vós... Iso si, moitas persoas levan menos nota da que deberían por falta de tarefas ou por outras cousas como non falar en galego nunca, por exemplo.
Imos co día de hoxe:
1. Lingua galega: aparte do diario, pegádelle un bo repaso ao tema 8, que xa está rematado. Ide lendo todo e comprobando que entendedes todo. Estudade os recadros coas vosas palabras, facede esquemas, resumos... co que teñades dúbidas me dicides e o próximo día comezamos a facer os exercicios de repaso.
2. Mate: ¿cómo multiplicamos fracciones? Muy fácil, más que las sumas y restas. No tenemos que hacer mínimo común múltiplo ni nada. Directamente, multiplicamos lo de arriba por lo de arriba y lo de abajo por lo de abajo. Numerador por numerador y denominador por denominador. Por ejemplo:
En caso de que no haya denominador, solo multiplicamos los numeradores:
Después de esto, si no tenéis ninguna duda, podéis hacer los ejercicios 1, 2, 3 y 4 de la página 104.
3. Música: Me comenta Mabel que ya tenéis colgadas en el blog de música las actividades rítmicas para esta semana. Aquí va el enlace al blog de música: https://ruteandocoamusica.blogspot.com/
Descansamos un bo rato...
4. Sociais: lembrade facer o vídeo coa investigación sobre o que foi a guerra da independencia española e mandándemo ao correo electrónico. Tedes que mandarmo hoxe a poder ser ao correo andreamartinezquiroga@edu.xunta.es
5. Ciencias naturais: imos coa páxina 86, mirade este vídeo onde vola explico:
Tarefa divertida de hoxe: xogade ás películas coa vosa familia. Podedes facer previamente unha lista de 20 ou 30 películas en trociños de papel pequenos. Metédeos nunha bolsa ou cesta e despois cada persoa vai sacando un papel. Con mímica, tedes que facer esa película e o resto teñen que adiviñar cal é. Tamén podedes xogar ao aforcado ou a Pictionary, que xogamos en clase moitas veces.
Isto é todo! Como vos van resultando as tarefas? Sigue facéndose moito? Facédemo saber!
Comentarios
Publicar un comentario