Educación Física (II)
EDUCACIÓN FÍSICA
Bo díaaaa!!! Como sabedes imos continuar nesta situación
durante un tempo, pero non por iso imos deixar de facer actividade física posto
que nos axudará a non perder a nosa condición física e tamén nos fará esquecer
durante un anaco a situación na que nos atopamos!
Por iso convídovos a que continuedes acudindo ao Ximnasio
de Roberta, despois dunha semana xa poderemos ir aumentando o número de
repeticións de cada un dos exercicios que atoparedes no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=8uUawnM-FD8&pbjreload=10
Como xa
sabedes o Acrosport combina a realización das figuras cunha
pequena coreografía, podedes investigar diferentes propostas para
posteriormente levalas a cabo na aula, a continuación déixovos un exemplo para
que vaiades sacando ideas: https://www.youtube.com/watch?v=lei2drj5vH0
Xa por último propóñovos dous RETOS
-“10TOQUESCHALLENGE”: consiste en golpear 10 veces co pé a un rolo de papel hixiénico. Se non nos
sae co pé podemos facelo coa man!!!
- “ABDOMINAL CHALLENGE”: son pequenos retos con rolos de papel
hixiénico que nos permitirán traballar a musculatura da nosa zona abdominal.
Neste enlace poderedes atopalos: https://www.youtube.com/watch?v=acbJsi4slsY
Gustaríame ver os vosos vídeos!!! Eu xa o acadei, e ti?
Os profes tamén poden probar!!!
Podedes mandar os vídeos ao correo de Andrea e ela xa mos manda e os comparte aquí no blog
#EUQUEDONACASA E MÓVOME
Comentarios
Publicar un comentario