Día 5 de cole dende a casa


Ola, ola! Como estamos hoxe? Eu animada con esta pequena saída do sol, sempre carga as pilas! Ademáis encantoume vervos onte a algúns! A ver se á próxima vos animades máis e podemos charlar todas un rato...

Hoxe martes, comezades con inglés: dime Nati que estudedes o que xa destes, e que aproveitedes para ver series en versión orixinal, escoitar cancións en inglés...

Continuamos con matemáticas. Imos comezar o tema 7, pero tranquis, é de fraccións tamén, e iso sabémolo xa súper ben. Aquí vai un vídeo meu coa explicación:





Se tedes calqueira dúbida, mandádeme un correo ou chamádeme ao fixo. Despois de ver o vídeo, podedes facer os exercicios do 1 ao 4 da páxina 98

Pasamos a música, lembrade que tedes no blog de música a información: https://ruteandocoamusica.blogspot.com/

Facede un pouco de exercicio para descansar e lede un ratiño antes de continuar con ciencias sociais. Supoño que todo o mundo saberá xa o tema 4. Se non é así, dádelle caña, que xa ten que estar sabido! Con el rematamos o segundo trimestre, así que hoxe faremos as actividades de repaso trimestral. Páxina 84: 1, 4, 5, 7, 8, 9, 10, 12, 13, 15 e 17. Non vos asustedes, parece moito, pero son exercicios curtiños que sodes quen de facer.

E rematamos con valores, co que introduzo a tarefa divertida de hoxe, que durará toda a semana. Tedes que facer un traballo de investigación para o martes que ven relacionado co tema do noso cole: a volta ao mundo. O traballo podedes facelo no formato que queirades: podedes facer un vídeo explicando, podedes escribilo en calqueira das libretas, podedes facer un PowerPoint, podedes facelo nun Word a ordenador, en cartulinas... E consiste no seguinte: tedes que deseñar a vosa viaxe ideal. Imaxinade que podedes viaxar a calqueira parte do mundo, pois elixide un sitio e organizade a viaxe. Tedes que contar o seguinte: a onde viaxades, que medio de transporte ides utilizar, onde vos ides aloxar, que precisades para a viaxe, cal é o orzamento que necesitades, que excursións ides facer cando esteades alí e que sitios ides visitar, que posibles imprevistos poden xurdir... E todo o que se vos ocorra. Mañá vos subo un vídeo meu coa miña proposta para que vos fagades unha idea.

Agora que xa adiantamos tarefa, debedes facerlle unha foto ou escanear os exercicios e mandarmos ao correo (andreamartinezquiroga@edu.xunta.es). Seguen sen ser avaliables, pero preciso saber que ides facendo as cousas ben para asegurarme de que entendedes e de que podo seguir avanzando. Tamén agradecería que me mandarades os da semana pasada, para saber se vos teño que axudar nalgunha cousa, xa que onte ao non conectarse todo o mundo á videochamada, ao final non os corrixín. 

Outra das cousas máis positivas destes días é que todo isto agudiza o enxeño: a xente está a crear vídeos e memes do máis divertidos. Aquí vos deixo os meus favoritos destes días: Adicado ás familias: "Día 2 de cuarentena con los niños en casa. Poco cobran los maestros". 😂 E adicado aos nenos e nenas: "Mañana a las doce salimos todos al balcón a aplaudir a ese alumno que siempre se deja el material en casa y que ahora, que lo tiene que usar en casa, se lo ha dejado en clase". 😂 Cales foron os vosos favoritos?

¡ÁNIMO! E non dubidedes en chamarme ou escribirme con calqueira dúbida.




Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa