Día 3 de cole dende a casa
Bo día!!! Como estamos? Eu hoxe a verdade é que me levantei moi animada: vexo que hai bastantes novas optimistas, e intento centrarme nelas. Esta é a nova oficina que montei para traballar dende a casa. Non sei para vós, pero para min é esencial abrir as ventás para que me dea un pouco o aire e non sentirme tan encerrada.
Hoxe vou empezar a chamarvos por teléfono a ver que tal vos vai todo, vale? Chamarei dende o fixo, avisade ás vosas familias por se non collen o teléfono ao ver un descoñecido. Porque vos dicía de facer videochamada o venres pero non me daba conta de que non hai cole, nin xoves nin venres! (Librádevos de min uns días...).
Comezamos hoxe con LINGUA GALEGA. Lembrade, como todos os días, escribir no diario. Despois diso, propóñovos xogar ao noso xogo favorito, o das subastas, pero dándolle a volta: eu vos vou poñer aquí unhas frases coas que xogar e vós tedes que investigar (usando dicionario e Internet) se están correctas ou non. Cando xa o saibades, poñede a xogar a alguén da vosa familia (pode ser pola tarde, cando non estean traballando ou ocupados). Recoméndovos que para consultar o fagades na páxina da Real Academia Galega. Aí van as frases:
- O irmán da túa moza é máis alto ca min.
- A Srta Lucía era a presidenta da compañía.
- Mercamos unha casita na praia o verán pasado.
- A redacción que fixen onte titúlase Un día na miña vida.
Vós poñedes as normas de con cartos comezades e demáis.
Seguimos con MATE:
Primero, comparamos fracciones. Tenéis en la página 88 la explicación de cómo hacerlo, por si no os acordáis. También tenemos varios ejercicios de la libreta hechos de ese tipo.
1. Ordena estas fracciones de menor a mayor:
85/100
4/5
7/8
9/10
¿Os acordáis de las fracciones equivalentes? Tenéis toda la información en la página 90.
2. Indica si las siguientes fracciones son equivalentes:
a) 6/12 y 2/4
b) 2/3 y 3/6
c) 12/16 y 3/5
d) 6/8 y 3/4
3. Escribe tres fracciones equivalentes a cada una de las dadas.
a) Por amplificación:
1/4=
2/5=
b) Por simplificación:
24/32=
40/60=
4. Simplifica estas fracciones hasta obtener la fracción irreducible:
a) 40/30=
b) 16/24=
c) 18/27=
d) 30/50=
e) 15/33=
f) 35/150=
Tócavos MÚSICA. Mabel vos está deixando a información no seu blog: https://ruteandocoamusica.blogspot.com/
Ao RECREO! Lembrade facer algo de exercicio do que vos mandou David... Logo lede, polo menos, o rato do PLAN LECTOR.
Hoxe saltamos SOCIAIS (aínda que durante estes días podedes seguir repasando, que á volta faremos o exame) e pasamos a NATURAIS, para que vos dea tempo a facer a tarefa. Xa rematamos o tema 4, así que imos facer as preguntas de repaso. Copiade e respondede as seguintes preguntas na vosa libreta, axudándovos do libro pero respondendo coas vosas palabras,coma sempre:
1.
En que
consiste a función de reprodución humana?
2.
Que quere
dicir que a reprodución humana é sexual?
3.
Completa a
seguinte táboa sobre o aparato reprodutor masculino:
ÓRGANO
|
FUNCIÓN
|
Testículos
|
|
Pene
|
|
Glándulas
anexas
|
|
Condutos
deferentes
|
|
4.
Completa a
seguinte táboa sobre o aparato reprodutor feminino:
ÓRGANO
|
FUNCIÓN
|
Ovarios
|
|
Trompas de
Falopio
|
|
Útero
|
|
Vaxina
|
|
Vulva
|
|
5.
Explica coas
túas palabras os cambios que se producen coa puberdade feminina.
6.
Explica coas
túas palabras os cambios que se producen coa puberdade masculina.
7.
Que é o ciclo
menstrual?
8.
Que é a
ovulación?
9.
En que
consiste a preparación do útero?
10. Que é a menstruación ou a regra?
11. Explica coas túas palabras e de maneira resumida os
seguintes procesos da reprodución humana:
·
Fecundación.
·
Desenvolvemento
do embrión.
·
Parto e
primeiros días de vida.
A tarefa divertida de hoxe é outro reto, esta vez me grabo para explicárvolo. Espero que non vos riades demasiado de min! Tamén espero que vos atrevades a mandarmo para botar un bo rato!
Isto é todo por hoxe. Aproveitade a ponte para ler, xogar en familia, facer deporte, ver series ou pelis chulas... Tamén podedes continuar co traballo de inglés e seguir repasando sociais e mate.
ÁNIMO QUE XA QUEDA MENOS! Estades facéndoo xenial.
Un bico,
Andrea.
Comentarios
Publicar un comentario