Día 1 de cole dende a casa
Ola queridas alumnas e alumnos! Pensabades que vos iades librar de min, eh,
pero non, non vai ser tan fácil…
Como estades? Eu, a verdade, estou preocupada, todo isto é tan novo que
asusta un pouco. Pero tamén me sinto esperanzada e positiva, segura de que o
esforzo que estamos facendo quedando na casa axudará a que todo isto pase
pronto. Estou moi orgullosa de que todos e todas esteamos sendo responsables e
segura de que estamos previndo que isto se siga estendendo.
Bueno, cóntovos un pouco como nos imos organizar estes días: eu subirei
unha entrada diaria ao blog contándovos un pouco que cousas podedes ir facendo.
Farame moita ilusión saber de vós: deixade algún comentario e contádeme, porfi.
Tamén podemos facer videoconferencias para resolver calqueira dúbida ou
simplemente falar un pouco e contarnos como estamos levando isto. Podemos
darnos ideas para matar o aburrimento!
Todas as actividades que vaia subindo serán de repaso, non imos adiantar
materia e en ningún caso estas actividades serán avaliables (non contan para a
nota). Así que non vos preocupes: ata onde poidades chegar será máis que
suficiente. Sei que algúns de vós non tedes ordenador ou wifi na casa, así que
non quero que isto supoña un agobio engadido ao que xa temos. Só hai unha
tarefa obrigatoria: coidarse e aproveitar para pasar tempo coa familia.
Non vos agobiedes con que é o que vai a pasar: non ides suspender, non ides
ter problemas no insti por isto… todos os profes nos imos adaptar e imos
axudarvos a que nada de isto ocorra. Pero si que é certo que, dentro do que
poidades, está ben que non descoidedes de todo as cousas do cole: imos
esforzarnos moito para que, polo menos, as cousas que xa vimos ao longo do
curso as saibades estupendamente. Por isto, cada día subirei unha idea do que
podedes facer.
O primeiro… como organizarvos? É importante que para o voso estado de saúde
manteñades unha rutina: non vai ser bo para vós estar todo o día co Fortnite,
Instagram ou Netflix. O ideal é o seguinte: adicade as mañás a estudar un pouco
e facer as tarefas que eu vos vou poñendo por aquí. Comede en familia,
descansade un rato (aí pode incluirse ler, ver a tele, usar as tecnoloxías…),
facede algunha actividade en familia, algo de exercicio na casa, e a descansar
outra vez para o día seguinte.
Hoxe luns, tiñamos, entre outras, lingua galega e lingua castelá. Pois aí
vai a primeira tarefa, que durará todos estes días: debedes comezar un diario
sobre os días de encerrona. Podedes facelo na libreta de rexistros de lectura,
ou na de lingua galega ou lingua castelá. Tedes que escribir cada día, como
mínimo, cinco liñas. Contade como vos estades sentindo, que é o que facedes,
que vos parece o mellor e o peor disto… Pensade no seguinte: estamos vivindo un
momento sen precedentes, imos formar parte da historia mundial e todo isto se
estudará nos libros durante moitos anos! Algún día estes diarios poden valer
millóns :D de seguro os vosos futuros fillos e fillas vos van facer moitas
preguntas sobre isto. Ide alternando: un día escribides en galego e outro en
castelá. Eu fareino tamén! Ao volver podemos compartilo, será divertido. E
outra tarefa para as linguas, a vosa favorita: corrixide todos os erros que
cometín nesta entrada do blog (aínda que seguro que xa o estabades facendo sen
que eu volo pedira…). Pero ollo, non vos pasedes de listillas e listillos,
lembrade que hai algunhas palabras que se escriben dunha forma en galego e
doutra en castelá.
Tamén tiñamos mate. Ides repasar o tema 6 (non pensedes que librastes do
exame, á volta, despois de repasalo un pouco en clase, farémolo!). Tócannos
problemas (seguro que ninguén se está queixando agora mesmo, verdade? :D) .
Copiade na libreta o seguinte e resolvédeo:
1.
Manuel
fue a la librería con 20 euros. Si gastó 1/5 en un cuadero y 3/5 en un libro,
¿cuánto pagó por cada cosa?
2.
De
los 48 turistas que van en un autobús, 3/8 son rusos, y el resto, chinos.
¿cuántos rusos y chinos van en el autobús?
3.
Un
ciclista está participando en una carrera de 120 km. Si ya ha recorrido 5/6 del
trayecto, ¿cuántos kilómetros le faltan?
4.
Ainhoa
tenía ahorrados 78 euros, pero se ha gastado las dos terceras partes en unas
zapatillas. ¿le queda suficiente dinero para comprar la camiseta? La camiseta vale 24 euros.
5.
Una
botella de un litro de naranjada se reparte en cinco vasos. ¿Qué cantidad se
corresponde a cada vaso?
6.
Ana
ha hecho ocho lazos con una cinta que medía 30 metros. Expresa con un número
decimal y con una fracción la longitud de cada lazo.
7.
Magdalena
y Laura tienen la misma cantidad de dinero. Magdalena gastó 5/8, y Laura, 3/5.
¿Quién ha gastado más dinero?
8.
De un
depósito de agua se han utilizado para regar 2/5 el lunes y 2/6 el martes. ¿Qué día se utilizó mayor
cantidad de agua?
“Hai que copiar os enunciados?” SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
Antes de comezar a pensar que non os entendedes, revisade a información do
libro e pedide axuda a irmáns e pais!
Tamén tiñades inglés, coméntame Nati que investiguedes sobre San Patricio,
que se celebra o 17 de marzo. Quen foi? Por que se lle adica ese día? Onde se
celebra? Facede un breve traballo e un debuxo que o acompañe, se vos animades
en inglés, estupendo, se non pode ser en castelá ou galego, en cartulina, papel
ou co mateiral do que dispoñades. Non ten que ser todo hoxe, é durante toda a
semana! Este vídeo pode axudarvos: https://youtu.be/gBhG-7pj43E
Aparte das asignaturas que teñamos, cada día mandareivos unha “tarefa” algo
máis divertida. A de hoxe é convertevos en Master Chef: buscade unha receita chula,
rica e sinxela en Internet e ensinade a facela á vosa familia. Encantaríame ver
fotos e vídeos!
Lembrade o meu correo para TODO o que necesites: andreamartinezquiroga@edu.xunta.es
Podedes mandarme toooodo o que queirades: dúbidas, fotos, vídeos, ou
simplemente para falar un rato. Se precisades calqueira explicación, dicídemo e
dígovos como podemos facer para vernos por videoconferencia.
"Andrea, porfi, ¿podemos hacer algo divertido?" SIIIIIIII, teño pensadas moitas ideas chulas e divertidas para poñervos estes días, xa
veredes. Imos pasalo ben!
Moito ánimo, chicas e chicos. Pronto nos vemos!
Comentarios
Publicar un comentario