Entroido

Ola, familias!

Recibiredes información sobre como celebraremos o Entroido no colexio a nivel xeral, pero cóntovos do desfrace de aula, que igual xa vos estades preguntando: imos ir de futbolistas inspirándonos en Marta Vieira da Silva, que escollimos do noso libro de lectura deste trimestre "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2". 

É moi fácil e entre nós estamos arranxando bastante ben: só temos que vir coa equipación de calquera equipo e con ganas de pasalo ben! A maioría xa teñen roupa ou arranxaron entre eles para prestarse, e eu tamén teño para prestar. Poñeremos entre nós un día no que traer todo para asegurarnos de que todo o mundo ten desfrace. 

Temos todo controlado, xa amañamos nós :)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa