Últimos días


Estes últimos días de clase aproveitamos para seguir aprendendo pero dunha maneira un pouco máis lúdica e dinámica do normal, xa estabamos demasiado cansos!

Fixemos traballos de investigación sobre o cambio climático, vimos unha peli e Estefanía contounos sobre o seu país, Venezuela.





Tamén fixemos varios xogos para repasar aspectos de ortografía, que tanto nos custa ás veces!



Con moita pena, despedimos ao noso compañeiro e amigo Alexis, que xa non estará no noso cole no seguinte trimestre


Para despedilo por todo o alto, despois da gran festa do cole fixemos a nosa pequena festa na aula, que ben o pasamos! Bailamos, cantamos, xogamos, brindamos... Grazas polas aportacións





















Alexis, moita sorte no teu novo colexio, imos botarte moito de menos!!



FAMILIAS: Dous avisos: 

- Se queredes todas estas fotos que imos sacando, podedes traer un pen e métoas todas. 
- Xa hai tempo que tivemos a primeira titoría, así que se queredes saber como siguen os vosos fillos e fillas podedes mandarme un correo para seleccionar unha segunda titoría.

FELICES FESTAS A TODAS E TODOS!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Venres 08/05

¡Hasta pronto!

Día 16 de cole dende a casa