As mulleres no noso entorno
O libro de "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" deunos para moito! Despois de ler moitas historias, reflexionar sobre elas, escoller a nosa favorita e facer unha exposición oral sobre ela, fixémonos a seguinte pregunta: cal é a nosa historia? seguro que é tan interesante como a das protagonistas do libro! e puxémonos mans á obra a escribila.
Despois reflexionamos... historias similares lles acontecerían a mulleres do noso entorno? Cando comezamos a pensalo, todos e todas dicían que non, que as mulleres da súa familia non fixeran nada interesante. Pero... sorpresa! Puxémonos a investigar e a indagar e apareceron historias interesantísimas! Só tiñamos que darlle a estas historias a importancia que merecen, así que moitas grazas pola vosa colaboración!
Comentarios
Publicar un comentario