Inauguramos o cole

O pasado 12 de setembro tivemos a sorte de ser as inauguradoras e inauguradores do colexio de Culleredo, que día máis importante!



Pasámolo moi ben! Deixamos as nosas pegadas na entrada para a posteridade, coñecimos todas as aulas, limos poemas na biblioteca e fixemos un xogo de escapismo polo colexio que nos permitiu coñecer cada recuncho e ao resto de compañeiros e compañeiras.



Estamos con moitas ganas de dar comezo a esta aventura que de seguro será unha experiencia moi positiva que non esqueceremos.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 10 de cole desde casa

¡Hasta pronto!

Así nos preparamos para o Samaín!