Preparámonos durante varios días para o Día da Paz. Investigamos de onde ven, por que se celebra, mantivemos conversas e debates acerca da importancia de resolver os conflitos pacificamente, escribimos actos relacionados coa paz e coa bondade, fixemos unha cadea, decoramos o colexio... E o mesmo Día da Paz, cantamos unha canción con todo o cole e limos diferentes textos. Tamén cantamos a de Imagine, que podedes ver no blog de inglés.