Últimos días
Estes últimos días de clase aproveitamos para seguir aprendendo pero dunha maneira un pouco máis lúdica e dinámica do normal, xa estabamos demasiado cansos! Fixemos traballos de investigación sobre o cambio climático, vimos unha peli e Estefanía contounos sobre o seu país, Venezuela. Tamén fixemos varios xogos para repasar aspectos de ortografía, que tanto nos custa ás veces! Con moita pena, despedimos ao noso compañeiro e amigo Alexis, que xa non estará no noso cole no seguinte trimestre Para despedilo por todo o alto, despois da gran festa do cole fixemos a nosa pequena festa na aula, que ben o pasamos! Bailamos, cantamos, xogamos, brindamos... Grazas polas aportacións Alexis, moita sorte no teu novo colexio, imos botarte moito de menos!! FAMILIAS: Dous avisos: - Se queredes todas estas fotos que imos sacando, podedes traer un pen e métoas todas...